1 lira
(
-
s
f
[MÚS]
Instrumento musical antigo orixinario de Grecia, que se tocaba pulsando as cordas coas mans ou rozándoas cun plectro. Consistía nunha caixa de resonancia con dous brazos unidos pola parte superior, desde onde partían as cordas que se inserían na caixa.
-
s
f
Inspiración poética.
-
s
f
[LIT]
-
Estrofa de cinco versos, heptasílabos o primeiro, terceiro e cuarto, e hendecasílabos os outros dous, dos que adoitan rimar o primeiro co terceiro e o segundo co cuarto ou quinto, segundo o esquema xeral aBaaB.
-
Combinación métrica formada por seis versos de distinta medida, que riman os catro primeiros de forma alterna e os dous últimos entre si.
-
-
lira de dilatación
[TECNOL]
Anaco de tubo curvo, con forma de lira, que se coloca nos tramos rectos moi longos das tuberías que transportan fluídos a altas temperaturas, para que absorba as dilatacións e as contraccións da tubería sen que se produzan tensións excesivas.