listeriose

listeriose
s f [PAT]

Infección bacteriana producida polo bacilo Listeria monocytogenes (Gram-positivo, aerobio, sen cápsula e hemolítico) que ás veces pode afectar ás persoas. Se afecta ao cerebro pode provocar meningoencefalite (febre, náuseas ou dor de cabeza), mentres que se afecta a outras partes do corpo a sintomatoloxía pode ser parecida á da gripe e con lesións no lugar da infección. Os síntomas aparecen xeralmente ao cabo dun mes. O contaxio pode producirse a través de alimentos contaminados, outros animais, no embarazo da nai ao fillo, por inhalación ou por contacto, e os máis propensos a contraer a enfermidade son os neonatos, os anciáns e os que teñen o sistema inmune deprimido.

Palabras veciñas

listel | Líster, Enrique | Lister, Joseph | listeriose | listo -ta | listón | lístrico -ca