listón

listón

(

  1. s m [ARQUIT]

    Táboa ou madeiro longo e estreito.

    Confrontacións: cango.
  2. [ARQUIT]
    1. s m

      Moldura de sección cadrada e pouco saínte.

    2. listón de ceo raso

      Cada unha das latas dispostas para soportar o ceo raso.

    3. listón de cremalleira

      Listón con rebaixes que permite dar apoio aos estantes ou ás portas dun armario.

    4. listón de renvalso

      Listón que se fixa ao montante do marco dunha porta para formar o encaixe.

    5. listón tapaxunta

      Pequena moldura utilizada para cubrir a xunta na ensamblaxe de paneis.

  3. s m [MAR]

    Banda estreita de madeira que se coloca na parte exterior e un pouco máis arriba da cuberta de certas embarcacións de pesca e dalgúns iates.

  4. s m [ARQUEOL]

    Peza de madeira ou metal, xeralmente dun metro de longo e con subdivisións cada 10 cm coloreadas de xeito alternativo, que se emprega como elemento de referencia na fotografía arqueolóxica.

Palabras veciñas

Lister, Joseph | listeriose | listo -ta | listón | lístrico -ca | listura | lisura