listo -ta

listo -ta

(< latv *lexītu p p de legere?)

    1. adx

      Que comprende axiña as cousas e razoa con acerto.

      Ex: É o rapaz máis listo da clase.

      Sinónimos: intelixente.
    2. adx

      Que ten habilidade para saber o que lle convén.

      Ex: É moi listo para os negocios.

    3. adx e s

      Que ou quen se gaba dos seus coñecementos cunha actitude prepotente.

      Ex: Era listo de máis e non lle gustaba a ninguén na empresa.

  1. adx

    Que actúa de forma rápida.

    Ex: Anda sempre moi listo á hora de saír do traballo.

  2. adx

    Que está en condicións de realizar algo.

    Ex: A mesa está lista.

Frases feitas

  • Listo coma un allo/unha ave/un esquío. Que se decata axiña das cousas.

  • Listo coma un allo/unha ave/un esquío. Que se decata axiña das cousas.

  • Pasarse de listo. Excederse en algo.

  • Pasarse de listo. Excederse en algo.

Palabras veciñas

Líster, Enrique | Lister, Joseph | listeriose | listo -ta | listón | lístrico -ca | listura