cango

cango

(

  1. s m
    1. Cada un dos madeiros apoiados nas trabes sobre os que descansan as tellas.

      Ex: Varios cangos arquearon coa humidade.

      Confrontacións: listón.
    2. Madeiro que vai dunha trabe a outra ou ao muro dunha construción para soster o tellado.

      Ex: Os carunchos xa estragaron bastante os cangos.

  2. s m

    Pao groso e mal formado.