Lithobius
Lithobius
[ANIMAL]
Xénero de artrópodos quilópodos, da familia dos litóbodos, que ten 15 pares de patas provistas de unllas, cabeza con longas antenas articuladas, un par de mandíbulas e dous de maxilas. As súas especies, coñecidas tamén como cempés, son carnívoras, velenosas, de rápidos movementos, nocturnas e habitan baixo pedras ou troncos.