Lithodora
Lithodora
[PLANTA]
Xénero de plantas arbustivas, da familia das boraxináceas, que presenta follas alternas, flores de cor azul, lila ou branca e corola regular e froito formado por catro clusas. En Galicia son comúns as especies L. fruticosa (herba das sete sangrías) e L. prostrata (herba das doas).