Lúa

Lúa
[ONOM]

Nome afectivo e augural feminino, que procede do latín luna, co que se expresa o desexo de que sexa tan luminosa, bela ou influínte como a Lúa. Na mitoloxía romana, Lúa era a divindade da lúa, equivalente á Selene grega. Lúa era unha antiga divindade asociada a Saturno. Para os romanos a Lúa presidía a maxia amorosa e as metamorfoses, era a deusa dos fármacos, o orballo lunar daba forza máxica ás plantas, protexía as nais dos meigos e era mansión grata a deuses e almas. Dedicáronlle un día da semana. A súa festividade celébrase o primeiro día de lúa nova de xaneiro ou de agosto.

Palabras veciñas

Lu Xun | lúa | Lúa | Lúa | Lúa | Lúa Nova | Lúa, Fundación