Lúa Nova

Lúa Nova
[PUBLIC]

Boletín cultural editado en Cornellá (Barcelona) a partir de xuño de 1987, co subtítulo “Voceiro da Asociación Cultural Rosalía de Castro”, nome da asociación responsable da súa edición. De carácter divulgativo e escrita en galego, incluíu información sobre actividades da asociación e reflexións sobre a realidade cultural e política de Galicia. O seu director ata 1995 foi Antonio Díaz Fernández. Sufriu unha interrupción entre 1995 e 2000, ano en que comezou unha segunda etapa dirixida por Xosé Carlos García González e Emilio Luís López Arias.

Palabras veciñas

Lúa | Lúa | Lúa | Lúa Nova | Lúa, Fundación | Lúa, Teatro da | Luaces