Lucense, convento xurídico

Lucense, convento xurídico

Subdivisión da provincia romana da Tarraconense ou Hispania Citerior. Esta circunscrición territorial e administrativa, creada polo Emperador Augusto, tiña por capital a cidade de Lucus Augusti (hoxe Lugo), onde se centralizaba a recadación fiscal, se executaba a xestión económica e se administraba xustiza. O seu límite polo S estaría na ría de Vigo e continuaría polo río Verdugo, a serra do Suído e o río Sil; polo L lindaría coas serras do Courel, Ancares e Rañadoiro, seguindo polo curso medio e baixo do río Navia. O seu territorio incluía a maior parte de Galicia. Segundo as fontes clásicas de Plinio e o censo de Agripa, contaba con 166.000 homes libres organizados ao redor de 15 populus e tiñan un carácter maioritariamente céltico, confirmado polos topónimos e a onomástica.

Palabras veciñas

Lucendas, As | lucendia | lucense | Lucense, convento xurídico | Lucense, El | Lucensia | lucente