lucerna

lucerna

(< lat lucerna)

  1. s f

    Lámpada romana de aceite.

  2. s f [ARQUIT]

    Abertura pequena na cuberta ou parede dunha construción, para dar claridade e airear.

    Sinónimos: lumieira. Confrontacións: lanterna.
  3. s f [FÍS]

    Nome xenérico das imaxes anterior e posterior do diafragma de campo, nun sistema óptico. A lucerna de entrada é a imaxe anterior do diafragma de campo e a lucerna de saída é a imaxe posterior do diafragma de campo.

  4. s f [ANIMAL/ENTOM]

    vagalume.

  5. s f

    Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘fiestra’.

  6. lucerna das praias [PLANTA]

    melga de mar.

Palabras veciñas

lucente | lucenza | Lucenza | lucerna | Lucerna | Lucerna | 1 lucernario