1 lucernario

1 lucernario

(

  1. s m [RELIX]

    Antigo rito cristián que se celebraba o sábado ao anoitecer, e que consistía na bendición do lume. Deste rito deriva o oficio das vésperas.

  2. s m [ARQUIT]
    1. Abertura ou bufarda que se utilizaba como acceso ás catacumbas romanas, e que lles daba claridade e as ventilaba.

      Confrontacións: lanterna, lucerna.
    2. Abertura ou bufarda nunha cuberta, que servía para dar claridade ou ventilar un espazo na arquitectura romana.

      Confrontacións: lanterna, lucerna.

Palabras veciñas

lucerna | Lucerna | Lucerna | 1 lucernario | 2 lucernario -ria | Lucero, El | Lucha Obrera, La