Lupa
Lupa
[MIT]
Raíña celta que vivía nun castelo da Amaía rodeado polo Castro Lupario, onde chegaron os catro discípulos de Santiago co corpo do Apóstolo, despois de desembarcar en Iria Flavia, co fin de solicitar permiso para enterrar o cadáver. A raíña mandoulles falar con Régulo, o sacerdote da Ara Solis de Duio (Fisterra), que os tentou encarcerar. Noutra ocasión, a raíña púxolles como condición que domeasen dous bois bravos dos seus montes. Estes amansáronse de súpeto e, guiados por unha estrela, levaron o corpo do Apóstolo ata o lugar do Libredón. A raíña, abraiada de tanto milagre, mandou derrubar o templo da Ara Solis e converteuse ao cristianismo.