lupaca
lupaca
-
adx
Relativo ou pertencente aos lupacas.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo da tribo lupaca.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Tribo indíxena de América do Sur, que habita ao O do lago Titicaca, no altiplano entre Perú e Bolivia. Na época precolonial dominaron un extenso territorio que tiña os principais núcleos de poboación e poder no altiplano, cunha economía baseada no pastoreo e nalgúns cultivos. O seu dominio de importantes rexións cara ao L, ata o límite das rexións selváticas e polo O ata a costa do Pacífico, permitiulles o desenvolvemento de importantes cultivos de millo e algodón ao tempo que se dedicaban á explotación dos recursos mariños.