motilón, motiloa
motilón, motiloa
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo motilón.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo motilón.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo amerindio que habita na serra de Perijá, que ocupa territorio de Colombia e Venezuela, e que se estende ata o lago Maracaibo (Venezuela). Dedícanse á recolección e caracterízanse polo seu corte de pelo en forma de casquete. Durante a conquista española de América destacaron coa súa resistencia.
-
s
m
[LING]
Lingua chibcha do phylum amerindio que fala o pobo motilón.