motivación
(< motivar)
-
s
f
Acción e efecto de motivar.
-
s
f
[FILOS/PSIC/EDUC]
Proceso que sostén e que dirixe a actividade do organismo e o comportamento dos individuos. As posicións filosóficas relativas á importancia dos motivos que interveñen en todo acto libre van desde a afirmación de que toda elección segue ao motivo ou aos motivos máis fortes ou mellores, ata o dunha redución dos motivos como simples elementos concomitantes ou incluso condicionantes, pero nunca determinantes da decisión concreta. Xeralmente, todo acto adoita incluír unha gran multiplicidade de motivos. Neste sentido, xurdiron diferentes teorías sobre o problema da motivación; as máis coñecidas son a teoría condutista, que analiza as motivacións inconscientes (S. Freud, E. H. Erikson) e a cognoscitiva. Pedagoxicamente distínguense dous tipos de motivación: a extrínseca, que está orixinada pola presenza dun estímulo alleo ao proceso de aprendizaxe, e a intrínseca, que está intimamente relacionada co obxecto de estudo daquilo que desvela o interese do alumno.