motivo
(< lat motīvu ‘relativo ao movemento’)
-
s
m
-
Aquilo que fai que algo ocorra ou que alguén actúe dunha determinada maneira.
Ex: Cal foi o motivo da túa tardanza?
Sinónimos: causa, causa. -
[FILOS/PSIC]
Condicionante que determina a conduta ou que inclina a mover a vontade nun sentido ou noutro. Xa que pode ser identificado coa causa (causa motiva), o motivo refírese primordialmente ao ámbito psicolóxico. Adoitan dividirse, en psicoloxía, en motivos fisiolóxicos ou primarios, e en motivos sociopersoais ou secundarios. A miúdo distínguese dos impulsos, que son, respecto ao motivo, o seu substrato enerxético, e dos incentivos, que representan o aspecto social da motivación. De todos modos, as máis diversas clasificacións que se poden ofrecer dos motivos non reflicten nin abordan o problema da complexidade do seu proceso.
-
-
s
m
Razón para obrar, pensar ou sentir algo.
Ex: Ten suficientes motivos para estar enfadado
Confrontacións: causa, causa. -
s
m
[ARTE]
-
Conxunto de elementos que proporcionan o carácter dunha obra de arte.
-
Tema básico que se utiliza para adornar ou decorar.
Ex: Decorou a casa con motivos navideños.
-
-
s
m
[MÚS]
Frase ou fragmento musical que serve de núcleo inicial do desenvolvemento musical.