motín
motín
(< fr mutin ‘rebelde’)
-
s
m
[HIST]
Disturbio ou alzamento popular contra a autoridade establecida. Constituíu unha das formas de protesta utilizadas polas masas populares contra os abusos das autoridades, especialmente importantes en épocas de carestía, ou causadas por medidas económicas impopulares.
-
s
m
[MAR]
Tumulto ou alzamento da tripulación ou da pasaxe contra o mando dun barco.
-
s
m
[BÉL]
Alzamento das tropas ou dunha tripulación contra os seus mandos.