Madrid, Tratado de
Madrid, Tratado de
Pacto imposto ao Rei Francisco I de Francia polo Emperador Carlos V, que o mantiña prisioneiro en Madrid. O rei francés debía renunciar ao Ducado de Borgoña, ás súas pretensións sobre Italia e á señoría de Flandres, Artois e Tournai, e comprometerse a casar con Leonor de Austria. O rei francés asinou o 14 de xaneiro de 1526, mais empezou a guerra contra Carlos V, coa formación da Liga de Cognac.