madrigal
madrigal
(< ital madrigale)
-
s
m
[LIT]
Composición poética breve, de versos heptasílabos e hendecasílabos, que riman ao gusto do poeta. Xeralmente de contido amoroso, introduciuse na Península Ibérica desde Italia no Renacemento.
-
s
m
[MÚS]
-
Canción con texto profano, case sempre a dúas voces, que contrasta e alterna con instrumentos. Apareceu en Florencia no primeiro terzo do s XIV. Destacaron G. da Cascia, Gherardello, P. de Firenze, J. da Bologna e F. Landini.
-
Peza polifónica, a miúdo a cinco voces, de estrutura moi libre, que permite unha gran liberdade e variedade de expresións. É unha forma característica da música italiana do s XVI. Sobresaíron C. Monteverdi, L. Marencio e Gesualdo da Venosa.
-