Madrid, Viaduto
Madrid, Viaduto
Ponte situada en Redondela. Construída a partir de 1872, coa finalidade de unir Ourense con Pontevedra, destinouse ao tráfico ferroviario. Foi encargada á Compagnie de Fives Lille. Os tramos de acceso están construídos con bóvedas de cantería, e a parte central é unha estrutura de ferro con plataformas no aire, sostida por piares de fábrica.