malthusianismo
(< antropónimo T.R. Malthus)
-
s
m
[DEMOG]
Doutrina antinatalista que, baseada na teoría da poboación de T. R. Malthus, aconsella a restrición voluntaria da procreación. O destino inevitable da humanidade é a pobreza e hai dous tipos de factores que poden evitar unha densidade de poboación que condene a humanidade á escaseza económica: os factores que aumentan o coeficiente de mortalidade e os que diminúen o coeficiente de natalidade. Desde un punto de vista político e económico, a influencia do malthusianismo xustificou o sistema librecambista, unha política de salarios fundamentada no custo das satisfaccións das necesidades máis estritas e a oposición aos intentos de reforma social e económica.
-
malthusianismo económico
[ECON]
Diminución voluntaria da produción de bens para evitar que diminúan os prezos drasticamente.