Marcelo/Marcela
Marcelo/Marcela
[ONOM]
Antropónimo que procede do latín Marcellus, diminutivo de Marcus e xentilicio da familia Claudia. Destacan con este nome san Marcelo I, celebrado o 26 xaneiro; san Marcelo de París, celebrado o 1 de novembro; san Marcelo de León ou da Gallaecia, celebrado o 30 de outubro; Marcelo II; e santa Marcela de Roma, celebrada o 31 de xaneiro.