Marcelo Macías, Grupo

Marcelo Macías, Grupo

Institución creada en Ourense en 1942 para continuar co traballo que Marcelo Macías García desenvolvía a prol do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Entre os seus obxectivos está o fomento do Museo e Arquivo Provincial de Ourense, a xestión dos fondos económicos de ambos os dous centros, e o estudio, investigación e difusión do patrimonio cultural, sobre todo no campo da antropoloxía, a arqueoloxía, a arte, a historia e a bibliografía. O seu primeiro director, Xesús Ferro Couselo, contou con colaboradores como Florentino López Alonso-Cuevillas, Vicente Martínez-Risco, Xoaquín Lorenzo Fernández e Carlos Vázquez Varela. Publicou o Boletín Auriense entre 1943 e 1953 e os seus anexos, a serie Guías do Patrimonio Cultural e numerosas obras, entre as que destaca Historia de los monasterios y prioratos anejos a Celanova (1991). En 1983 recibiu o Premio Otero Pedrayo.

Palabras veciñas

Marcelo de París, san | Marcelo I, san | Marcelo II | Marcelo Macías, Grupo | Marcelo, Ulpio | Marcelo/Marcela | marcescencia