Marchiafava Micheli, síndrome de
Marchiafava Micheli, síndrome de
[PAT]
Tipo de anemia hemolítica, de evolución crónica con perda persistente de ferro polos ouriños (hemosiderinuria). Durante o sono, a hemólise agudízase e prodúcese hemoglobinuria, que dá unha cor escura aos ouriños. A diagnose confírmase no laboratorio provocando a hemólise con soro acidificado (proba de Ham-Dacie). OBS: Tamén se denomina hemoglobinuria paroxismal nocturna.