marusía

marusía

(< mar)

  1. s f

    Mar moi axitado, con grandes ondas, que fai perigosa e difícil a navegación.

  2. s f

    Cheiro das algas que se aprecia na baixamar.

  3. s f [MAR]

    Marea que se dá cando o mar baixa ou sobe máis ca nas mareas habituais. Ten lugar no novilunio e no plenilunio, cando as atraccións lunar e solar actúan nunha mesma dirección e os seus efectos se suman.

    Sinónimos: mareira.
  4. s f [MAR]

    Mar con ondas de entre 0,5 e 1,25 m de altura, que constitúen o grao 3 da escala de Douglas.

    Sinónimos: mareira, maresía.
  5. forte marusía [MAR]

    Mar con ondas de entre 1,25 e 2,5 m de altura, que constitúen o grao 4 da escala de Douglas.

Palabras veciñas

Marullo, Michele | marulo -la | marusco | marusía | maruxa | Maruxa | Maruxa