Maruxa

Maruxa
[IMAX]

Longametraxe galega dirixida en 1923 por Henri Vorins e interpretada por Paulette Landais, Florián Rey, Asunción Delgado, Elvira López e José Aguilera. Unha das produtoras da película foi a viguesa Celta Films. O proxecto configurouse en coprodución con Ernesto González, produtor e empresario madrileño. A súa concepción inseríase nunha corrente de moda no cine español da época: a adaptación de zarzuelas á pantalla cinematográfica. Neste caso tratábase da zarzuela homónima de Luis Pascual e Amadeo Vives. Os rótulos, por vez primeira en galego, foron elaborados por Lugrís Freire e a casa Éclair de París realizou a tiraxe das copias. O filme perdeuse e non se salvou ningunha copia.