1 meco
(< lat mochu ‘adúltero’)
-
s
m
[ETN]
Personaxe lendario da cultura galega ao que se lle botan as culpas de todo. Segundo a tradición, era un personaxe libertino e burlador de mulleres, que os veciños do Grove aforcaron dunha figueira cansos dos seus excesos. Ante a pregunta do xuíz que investigaba o linchamento de quén matara o Meco, as xentes contestaron á vez: matámolo todos. Frei Martín Sarmiento recolle este suceso e dátao no s XVII. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.
-
s
m
[ETN]
Boneco que se queima o mércores de cinza nalguns lugares de Galicia para pechar o Entroido. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.
-
s
m
Máscara do entroido.
-
s
m
Personaxe co que se ameza os cativos cando se portan mal. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.