2 meco

2 meco
  1. s m

    Trato excesivamente cariñoso ou condescendente que se lle dá ás persoas ou aos animais consentíndolles todo e non lles levando a contraria. OBS: Adoita empregarse en plural.

    Ex: Dálle moitos mecos ó neto porque é o único que ten.

    Sinónimos: meiro, meiró, bado.
  2. s m

    Agarimo feito con moita tenrura.

  3. s m

    Desexo de cariño ou tenrura que ten alguén.

    Ex: O cativo achegábase para que lle desen meco.

    Sinónimos: aloumiño. Confrontacións: bioco, garatuxa.

Formas incorrectas

mimo