aloumiño

aloumiño

(

  1. s m

    Acción de aloumiñar.

    Ex: Con tantos aloumiños, convence a todo o mundo axiña.

    Sinónimos: agarimo, afago, caricia, cariño.
  2. s m

    Caricia ou aceno cariñoso que se lle fai a alguén co propósito de contentalo ou facelo feliz.

    Ex: Non hai aloumiño para o que non sexa bo.

  3. s m pl

    Caricias, miradas, palabras, atencións e outros xestos cos que os namorados manifestan o seu amor.

    Ex: Estaban sentados no banco con constantes aloumiños.

  4. s m

    Arrolo, canto suave e doce para adurmiñar os nenos.

    Ex: Cantámoslle un fermoso aloumiño para que durmise.

  5. s m

    Canto co que se cortexan as pombas e as rulas.

    Ex: Os aloumiños dos paxaros espertáronnos cedo.

Palabras veciñas

aloumiñado -da | aloumiñar | aloumiñeiro -ra | aloumiño | alourado -da | aloxamento | aloxana