cariño

cariño
  1. s m

    Sentimento de afecto, tenrura ou simpatía que se sente por alguén ou algunha cousa.

    Ex: Sinto moito cariño polo meu irmán e por esta buxaina que me regalou.

    Sinónimos: agarimo, amor, benquerencia, amor.
  2. s m

    Afecto que se sente cara a algunha cousa á que se está afeito.

    Ex: Á nena cústalle durmir fóra da casa porque lle ten cariño ó seu cuarto.

  3. s m

    Manifestación de afecto que se fai cara a unha persoa ou un animal con palabras ou feitos. OBS: Adoita empregarse en plural.

    Ex: O meu noivo é moi mecoso e sempre anda a facerme cariños.

  4. s m

    Coidado ou esmero con que se fai ou se trata algo.

    Ex: Empréstoche o coche pero trátamo con cariño que me fai moita falla. Para ser bo cociñeiro hai que facer as comidas con cariño.

Refráns

  • Home sen agarimo, paxaro sen niño.
  • O can e o meniño, onde atopan cariño.

Palabras veciñas

Cariñena | carineo | Carini, Isidoro | cariño | Cariño | Cariño | Cariño