agarimo

agarimo

(< agarimar)

  1. s m

    Acción e efecto de agarimar.

    Ex: Unha calidade básica nun bo profesor é o agarimo cara ós rapaces.

    Sinónimos: aloumiño, afago, cariño, garatuxa.
  2. s m

    Sentimento de amizade e tenrura que se manifesta cara a alguén.

    Ex: Trátaos con tanto agarimo que todos lle teñen cariño.

    Sinónimos: afabilidade, dozura.
  3. s m

    Elemento que gorece das malas condicións meteorolóxicas.

    Ex: Vai buscando un bo agarimo porque comeza a chover forte.

    Sinónimos: abeiro, abrigo, amparo, protección, amparo.

Palabras veciñas

agarimador -ra | agarimante | agarimar | agarimo | Agarimo | Agarimo | Agarimo de Catabois