menstruación

menstruación

(< menstruar)

  1. s f [FISIOL]

    Fenómeno fisiolóxico feminino que se presenta nas mulleres sas (e nas femias dalgúns primates) desde a puberdade ata a menopausa. Consiste nun fluxo hemático que procede da cavidade uterina, e que se reproduce periodicamente; pero que non ten lugar cando un óvulo fecundado se implanta no útero. A primeira menstruación ou menarquía prodúcese entre os 12-14 anos, e remata aos 45-50 anos coa menopausa. A perda, cada 28 días como norma, prodúcese 14 días despois da ovulación e pode vir acompañada de molestias máis ou menos agudas.

    Sinónimos: catamenia, mes, período.
  2. menstruación vicariante [PAT]

    Menstruación con fluxo sanguíneo que, excepcionalmente, se produce nalgunhas mulleres por algún órgano diferente da vaxina, e que aparece en lugar da menstruación ordinaria.

Palabras veciñas

mensaxe | mensaxeiro -ra | Menšikov, Aleksandr Daniloč | menstruación | menstrual | menstruar | menstruo