mensaxe

mensaxe

(< occit messatge)

  1. s f
    1. Comunicación oral ou escrita que alguén transmite a un destinatario para informalo de algo.

      Ex: Mandoulle unha mensaxe ao xefe por correo electrónico.

    2. Comunicación oficial que o representante da autoridade (o xefe do estado, dunha entidade ou o papa) dirixe á nación, ás cámaras lexislativas, aos membros dunha entidade ou aos fieis, en ocasión dun acontecemento importante ou por algún motivo grave.

      Ex: A mensaxe real de Nadal emítese ás nove da noite.

  2. s f

    Significado dunha obra artística ou literaria.

    Ex: A mensaxe dos seus filmes sempre ten connotacións antirracistas.

  3. s f [INFORM]
    1. Secuencia de caracteres que se emprega para conter e transmitir datos que consta dun encabezamento e un texto, que normalmente se divide en bloques na transmisión.

    2. Información que dá un programa ou un sistema operativo dun ordenador, para indicar o estado de execución dunha tarefa, para expoñer erros ou fallos detectados, ou para solicitar unha información concreta.

  4. s f [BIOQ]

    Ordenación molecular que un sistema bioquímico induce sobre outro no interior dunha célula.

  5. s f [COMUN]
    1. Conxunto de sinais, signos ou símbolos que se empregan para unha comunicación.

    2. Contido desta comunicación.