mensaxe
(< occit messatge)
-
s
f
-
Comunicación oral ou escrita que alguén transmite a un destinatario para informalo de algo.
Ex: Mandoulle unha mensaxe ao xefe por correo electrónico.
-
Comunicación oficial que o representante da autoridade (o xefe do estado, dunha entidade ou o papa) dirixe á nación, ás cámaras lexislativas, aos membros dunha entidade ou aos fieis, en ocasión dun acontecemento importante ou por algún motivo grave.
Ex: A mensaxe real de Nadal emítese ás nove da noite.
-
-
s
f
Significado dunha obra artística ou literaria.
Ex: A mensaxe dos seus filmes sempre ten connotacións antirracistas.
-
s
f
[INFORM]
-
Secuencia de caracteres que se emprega para conter e transmitir datos que consta dun encabezamento e un texto, que normalmente se divide en bloques na transmisión.
-
Información que dá un programa ou un sistema operativo dun ordenador, para indicar o estado de execución dunha tarefa, para expoñer erros ou fallos detectados, ou para solicitar unha información concreta.
-
-
s
f
[BIOQ]
Ordenación molecular que un sistema bioquímico induce sobre outro no interior dunha célula.
-
s
f
[COMUN]
-
Conxunto de sinais, signos ou símbolos que se empregan para unha comunicación.
-
Contido desta comunicación.
-