Mesa de Forzas Políticas Galegas

Mesa de Forzas Políticas Galegas

Pacto político que se estableceu en 1980 entre o Partido Socialista Galego (PSG) e o Bloque Nacional Popular Galego (BNPG). Constituíuse ao redor do programa das Bases Constitucionais para a participación da Nación Galega nun Pacto Federal de 1976, en que se defendía a creación dun goberno galego provisional e soberano, se fixaban as futuras competencias do estado galego e as do estado federal e se asumía o compromiso de non pactar con forzas estatais. Tiña como finalidade dar unha imaxe de unión do nacionalismo galego de esquerda e propugnaron o voto negativo no referendo do Estatuto de Autonomía de Galicia de decembro de 1980.