Mesa pra Defensa do Galego do Bierzo e da Cultura da Comarca

Mesa pra Defensa do Galego do Bierzo e da Cultura da Comarca
Nome científico: [MDGB]

Asociación que naceu en marzo de 1990 na vila de Corullón co obxectivo inmediato de establecer o galego como materia de aprendizaxe optativa no ensino primario, sen descartar outras reivindicacións como a administración bilingüe e calquera aspecto relativo á promoción do uso social do galego nos concellos próximos a Galicia. Unha das organizacións que participou na creación da MDGB foi a Asociación Cultural Escola de Gaitas de Vilafranca, que naceu en 1981 como aula de música do Instituto de Cultura Popular Gilberno N. Ursino, e que en 1986 se legalizou como asociación cultural. Organizou en 1990, en colaboración co club cultural vigués Adiante, o II Congreso da Lingua e a Cultura Galegas en Asturias, León e Zamora.