Mesia

Mesia

Provincia romana do baixo Danubio, na zona comprendida desde os Balcáns, o Ponto e o Danubio ata Dalmacia e Panonia. Habitada por pobos de raza tracia, conquistouna Marco Linicio Craso en 29 a C. O territorio constituíuse como distrito militar dependente administrativamente de Iliria. Diversas incursións dos dacios e os sármatas (68-70) determinaron a intervención de Domiciano que, en 86, a dividiu en dúas partes: a Mesia Superior (Occidental) e a Mesia Inferior (Oriental). Diocleciano fixo unha nova división do territorio e no s IV a rexión sufriu as invasións bárbaras e quedou baixo o dominio dos godos, os alanos e os hunos.

Palabras veciñas

meseta | Meseta, La | MESFET | Mesia | Mesía | Mesía | Mesía