mortal
(< lat mortāle)
-
adx
Relativo ou pertencente aos mortos.
-
adx
Que está destinado á morte.
Ex: Todo ser vivo é mortal.
-
-
adx
Que produce ou pode producir a morte.
Ex: Matouno o veleno mortal da serpe. Saíu da loita cunha ferida mortal.
Sinónimos: letal. -
pecado mortal
[RELIX]
Pecado que causa a morte da alma, e que se opón a pecado venial.
-
adx
-
adx
Que se expresa con moita intensidade.
Ex: Tiña tanto medo que un frío mortal percorríalle todo o corpo. Despois do accidente queixábase dunha dor mortal na perna.
-
adx
Que é moi díficil de soportar.
Ex: O rapto do seu fillo vai ser un golpe mortal para el. Tiven que esperar polos resultados do médico dúas horas mortais.
-
adx
Que é tan forte e intenso que fai desexar a morte dunha persoa.
Ex: Son inimigos mortais. Téñense un odio mortal.
-
adx
Que resulta decisivo e causa destrución.
Ex: Esa proposta e a súa aceptación foi unha medida mortal para a economía.
-
-
Ser humano.
Ex: Necesitaba, como calquera mortal, que lle desen cariño. É digna de mágoa esta pobre mortal!
-
pl
Conxunto de toda a especie humana.
Ex: Errar é unha característica dos mortais.
Sinónimos: humanidade.
-