Mostra de Teatro Infantil Galego Xeración Nós
Mostra de Teatro Infantil Galego Xeración Nós
Festival de teatro infantil e xuvenil organizado desde 1984 pola Comisión Mancomunada de Cultura de Concellos da Ría de Ferrol. Organizado en dúas seccións, presentábanse dunha banda traballos de carácter profesional de Galicia e Portugal, fundamentalmente de grupos de teatro de monicreques e obxectos, e da outra os traballos escénicos dos grupos de teatro escolar da comarca, o que supuxo un forte pulo á actividade teatral de escolas e institutos. Alén de cursos, seminarios, conferencias e outras actividades de formación e divulgación, a Mostra tamén organizou un concurso de literatura dramática para a infancia e a mocidade. A principios da década de 1990 comezou a esmorecer e desapareceu.