Mostra Unión Fenosa

Mostra Unión Fenosa

Bienal de pintura e escultura celebrada desde 1989 na cidade da Coruña, por iniciativa de Unión Fenosa. A súa finalidade foi a de potenciar a difusión internacional dos autores contemporáneos, especialmente dos galegos, a través de exposicións na propia cidade ou itinerantes. En 1993 abriuse ao contexto estatal e en 1997 ao portugués, internacionalizándose desde entón. A organización conta cunha financiación para adquirir parte da obra presentada e formar así un fondo artístico propio.