movemento
(< mover)
-
s
m
Acción de mover ou moverse.
-
[FÍS]
-
s
m
Cambio de posición dun corpo, nun sistema material, respecto a un sistema de referencia e en función do tempo. As investigacións feitas por Kepler, Galileo e Newton sobre o movemento fixeron abandonar a idea aristotélica dun universo intuitivo e deron lugar ao nacemento da mecánica, que se divide en cinemática, que estuda o movemento sen ter en conta as causas que o producen, e a dinámica, que considera a casualidade. O espazo e o tempo son os parámetros que determinan o movemento, xuntamente co establecemento dun sistema de referencia. Para un punto material, defínense tres conceptos: a traxectoria, a velocidade e a aceleración. En función destes estúdanse esencialmente catro tipos de movemento: rectilíneo uniforme, en que a velocidade é constante en módulo e dirección e calquera aceleración é nula; circular uniforme, en que a velocidade é constante en módulo e variable en dirección, e a aceleración tanxencial nula; rectilíneo uniformemente acelerado ou retardado, en que o módulo da velocidade é variable e a dirección é constante, como o módulo de aceleración que, ademais, ten a mesma dirección ca a velocidade; e vibratorio harmónico, en que, no módulo, tanto a velocidade como a aceleración non son constantes. Un caso particular de movemento vibratorio harmónico é o movemento harmónico simple, que é fundamental no estudo do movemento ondulatorio das partículas dun medio a través do que se propaga unha onda.
-
movemento absoluto
Movemento dun corpo que se move en relación a determinados corpos ou puntos de referencia que se supoñen fixos.
-
movemento acelerado
Movemento en que a aceleración non é nula e pode ser positiva ou negativa.
-
movemento browniano
movemento browniano.
-
s
m
-
-
s
m
Acción pola que un corpo ou algunha das súas partes cambia de lugar ou de posición.
-
movemento ameboide
[BIOL]
Maneira peculiar de moverse unha ameba ou un leucocito pola protrusión de pseudópodos.
-
movemento automático
[FÍS]
Movemento que se produce no corpo independentemente da vontade.
-
movemento coreico
[PAT]
Movemento involuntario e rápido que se produce sen causa aparente, en repouso e en acción, ilóxico e desordenado, que se observa nas distintas variedades da corea.
-
movemento paratónico/ inducido
[FÍS]
Movemento provocado por un factor externo que actúa como excitante.
-
s
m
-
s
m
Grande afluencia de xente ou vehículos que se despraza dun lugar a outro ou que realiza algunha actividade.
-
s
m
Expresión dun sentimento ou dunha actitude produto dunha impresión ou dunha alteración do estado anímico.
-
s
m
[ARTE/LIT/FILOS]
-
Conxunto de manifestacións artíticas ou ideolóxicas, cunha certa unidade de trazos característicos, que supoñen un cambio respecto á época anterior.
-
Corrente de opinión ou tendencia artística que recolle e tipifica o movemento correspondente.
-
Conxunto de persoas, actividades e obras que integran un movemento.
-
-
s
m
Cambio de lugar dunha peza dun xogo.
-
-
s
m
ariación ou alteración numérica nun estado de cousas, nunha conta ou nunha actividade comercial.
-
movementos internacionais de capital
[ECON]
Transaccións de capital que se realizan entre países ou organizacións internacionais. A súa forma depende do obxecto polo que se leven a termo. Pódese distinguir entre movementos de capital a curto prazo, que constitúen entradas ou saídas de reservas para equilibrar a balanza de pagamentos ou como consecuencia de operacións especulativas, ou a longo prazo, cando as transaccións toman a forma de créditos a prazo ou de investimentos directos.
-
s
m
-
[MÚS]
-
s
m
Grao de velocidade na interpretación dun segmento musical.
-
s
m
Cada unha das diferentes partes que forman unha composición musical. Así, a sinfonía adoita ter catro movementos e o concerto tres. Ata o s XVIII o movemento levaba o nome do ritmo da danza sobre a que se compoñía pero posteriormente déuselles o nome da velocidade (presto ou adagio), xa que un mesmo movemento pode ter partes de velocidade diferentes.
-
movemento contrario
Movemento melódico que se establece entre dúas partes musicais. Así, mentres unha ascende, a outra descende.
-
s
m
-
s
m
-
Animación ou vivacidade dunha descrición literal, dunha peza musical ou en xeral de calquera obra de arte.
-
[ARTE]
Efecto da combinación das liñas, da luz e da sombra.
-
-
s
m
[MAT]
Aplicación dun espazo métrico en que se conserva a distancia e en que o grupo de movementos do plano está xerado polas asimetrías axiais, é dicir, todo movemento de plano pode ser descomposto en produto dun certo número de simetrías axiais. Os grupos do movementos do espazo teñen por xeradores as simetrías especulares ou planas.
-
s
m
[FILOS]
2 devir.
-
s
m
[BÉL]
Evolución de tropas.
-
-
s
m
[POLÍT]
Corrente ou ideoloxía política.
-
movemento agrario
[POLÍT]
agrarismo.
-
movemento militar /
[BÉL/POLÍT]
Sublevación militar contra un goberno constituído.
-
movemento obreiro
[POLÍT]
Actuación da clase obreira que ten como finalidade a liberación da explotación capitalista.
O movemento obreiro en Europa
Coa Revolución industrial, a comezos do s XIX, aumentou a competencia industrial e empezou a desenvolverse un réxime de salarios de subsistencia, que se uniu aos frecuentes despedimentos en masa de obreiros a medida que a maquinaria ía substituíndo esa man de obra. As primeiras reaccións dos traballadores provocaron a destrución das máquinas (ludismo), causantes, ao seu modo de ver, da situación de deterioro que vivían. Co tempo, os obreiros, apoiados ideoloxicamente na doutrina marxista, concentraron os seus ataques na forma de explotación social. Un factor importante no comezo deste proceso foi a creación das Trade Unions británicas, que pretendían organizar asociacións de obreiros que defendesen os seus dereitos. Estes sindicatos obreiros non foron admitidos polas clases dirixentes de diversos países ata finais do último terzo do s XIX. A carón destas primeiras loitas sindicais naceu o socialismo, un poderoso pensamento que daría cohesión no futuro ao movemento obreiro. Despois de moitas ideas e prácticas utópicas chegouse á conclusión de que para acadar a igualdade económica era preciso que toda a riqueza produtiva, as terras, as minas, os bancos e as fábricas, fosen propiedade de todos os membros da sociedade, non dunha parte particular. En 1864 naceu a Primeira Internacional, que recolleu, no seu manifesto fundacional, unha gran parte das ideas marxistas. Pero desde o comezo xa se fixo patente o contraste entre as dúas concepcións de loita. A partir de 1866, nas delegacións dos países de gran desenvolvemento industrial dominaron as ideas marxistas, mentres que nas delegacións de países preferentemente agrarios, como Italia, España ou Suíza, dominaron as concepcións proudhonianas e máis tarde as bakuninistas. Con isto, o anarcosindicalismo penetrou con máis forza nos sindicatos obreiros, que pretendían o afundimento de todo o sistema capitalista. O movemento obreiro europeo activouse co éxito da Revolución Rusa (1917), que levou a outros países europeos a actuar dunha forma semellante, aínda que non triunfou da mesma maneira. Nese tempo acadáronse grandes conquistas sociais, malia a escisión que sufriu o movemento obreiro, debido ao posicionamento no relativo á antiga Rusia. Mentres os dirixentes dunha tendencia mitificaron todo o que tiña que ver co proceso revolucionario e consideron as decisións do Partido Comunista da Unión Soviética como infalibles, outra tendencia condenou a revolución, sen preocuparse por estudala máis a fondo. Así, ao declararse a crise económica mundial en 1929, desencadeouse unha onda de contrarrevolucións fascistas. A división do movemento obreiro, que desembocou nunha inimizade aberta entre ambos os dous bloques (a socialdemocracia da Segunda Internacional e o comunismo da Terceira Internacional, en 1919), converteuno nun instrumento inerme fronte ao fascismo. A división do movemento comunista quedou evidenciada coa fundación da Cuarta Internacional (1938). Foi despois da Segunda Guerra Mundial cando o movemento obreiro volveu consolidarse en Europa cunha grande independencia do ditado de Moscova. O XX Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética puxo fin ao período stalinista e comezou a liberación da vida cultural e a do traballo científico. En 1957, a conferencia dos partidos comunistas en Moscova declarou que nos estados capitalistas de réxime democrático podía efectuarse unha transformación da sociedade pola vía pacífica, mediante a formación de maiorías parlamentarias. Así, caeu o obstáculo máis grande para a colaboración dos partidos socialistas cos comunistas e abriuse o camiño para o eurocomunismo. A partir de 1985, o proceso de reforma de Rusia sobre a base da perestrojka conduciu ao afundimento en cadea dos réximes comunistas dos estados do Leste, feito que provocou unha gran crise teórica no campo comunista, sobre todo en Europa.
O movemento obreiro en España
En España, a existencia da AIT (1864) e a Revolución de Setembro de 1868, incidiron na constitución do Primer Congreso Obrero Español (1870), en que triunfou o bakuninismo. Tras a ilegalización das sociedades obreiras producíronse algúns intentos legalizadores que non tiveron repercusión ata a constitución da Federación de Trabajadores de la Región Española (1881) e a fundación da Unión General de Trabajadores (UGT) e do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) en 1888. Nos primeiros anos do s XX xurdiron o sindicalismo revolucionario anarcosindicalista e socialmarxista, a Confederación Nacional del Trabajo (CNT) e a UGT. Diante do importante desenvolvemento sindical, en especial do anarcosindicalismo, quedou minimizado o papel dos partidos políticos dentro do movemento obreiro, en concreto tanto do PSOE coma dos novos grupos comunistas. Co ascenso ao poder do xeneral Primo de Rivera (1923-1930), as organizacións anarcosindicalistas e os grupos comunistas foron ilegalizados, agás a UGT, o PSOE e os sindicatos libres. A chegada da Segunda República Española permitiu un feito ata entón non logrado, o desenvolvemento do movemento obreiro. Así, produciuse a loita entre os partidarios de dar apoio a unha consolidación da república e os favorables a desencadear un rápido proceso revolucionario. Anarcosindicalistas e socialistas víronse obrigados tanto á reunificación propia como á reunión de forzas. Durante estes anos hai que engadir o desenvolvemento dun sindicalismo católico, máis limitado, pero tamén significativo. Durante a Guerra Civil Española (1936-1939) o movemento obreiro pasou por unha nova etapa, en que exerceu un certo papel hexemónico dentro da zona republicana. Coa vitoria do franquismo, impúxose un sindicalismo obrigatorio, o verticalismo, próximo ao corporativismo, e prohibíronse todos os partidos obreiros. Non obstante, na clandestinidade rexurdiu a actividade de grupos políticos e de organizacións sindicais ilegais, coa aparición dun novo movemento obreiro de filiación marxista que se concretou en Comisiones Obreras (CC OO). Tamén houbo nesta etapa grupos obreiros de inspiración cristiá como a Unión Sindical Obrera (USO). Coa morte do xeneral Franco (1975) e o restablecemento da liberdade sindical (1977), o movemento obreiro viviu uns anos de axitación a cabalo da democratización, pero non tardou en chegar o retroceso, que deixou a UGT e a CC OO vencelladas, respectivamente, ao PSOE e ao Partido Comunista de España (PCE), que monopolizaron en parte o sindicalismo de clase.
O movemento obreiro en Galicia
En Galicia, as primeiras formulacións da organización obreira producíronse ao redor de 1860. Na década seguinte xurdiron as sociedades de resistencia na Coruña, Ferrol, Vigo, Ourense e Pontevedra. A partir de 1890 e levados polas convocatorias a prol da xornada de oito horas, os socialistas experimentaron un pulo e a súa presenza, a través da UGT, fíxose patente en Vigo, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra. Os anarcosindicalistas, que acadaron a hexemonía na Coruña moi cedo, foron perseguidos logo dos conflitos de 1890 e da sanguenta folga xeral de 1901. Durante as primeiras décadas do s XX incrementaron a súa implantación na área comprendida entre A Coruña, Betanzos, Ferrol, Santiago de Compostela e as Rías Baixas. Ademais, dotáronse dunha organización de ámbito galego, a Confederación Regional Galaica-CNT, constituída en 1922. Na Segunda República Española, as organizacións obreiras acadaron a súa máxima influencia, mentres se mantiña o equilibrio de forzas entre as centrais sindicais. A conflitividade obreira, exemplificada na folga da frota de arrastre do porto de Bouzas e a oposición aos despedimentos na construción naval de Ferrol (1932), certificaron a súa capacidade de mobilización. Ao mesmo tempo, desenvolvéronse os sindicatos e as federacións de industria no organigrama da Confederación Regional Galaica, preferentemente no sector pesqueiro, mentres a UGT consolidou a súa implantación na Galicia interior. Neste período produciuse a introdución do PCE no mundo laboral. Ata a fin da Segunda República Española, o movemento obreiro galego caracterizouse pola súa moderación e a presenza de fortes tendencias unitarias no seu interior, así como polo seu achegamento ao agrarismo galaico. A represión franquista liquidou o movemento obreiro tras a Guerra Civil Española e estableceu un sindicalismo obrigatorio e vertical. A finais da década de 1950 a apertura apoiada no Plan de Liberalización Económica de 1959 e a aprobación de novas leis laborais, menos represivas, como o regulamento das eleccións sindicais (1960), permitiu a reorganización clandestina dos obreiros, que constituíron as súas primeiras células en Vigo, A Coruña e Ferrol, lideradas polo PC. Aproveitando as posibilidades legais establecéronse núcleos de CC OO que participaron nas reclamacións dun convenio colectivo para os empregados dos estaleiros, o que provocou as folgas de Ferrol (Astano e Bazán) e Vigo (Hijos de J. Barreras e Factorías Vulcano) en 1962. A partir de 1966, CC OO consolidouse como organización estable en Galicia e o movemento obreiro acadou o apoio popular. En 1972 producíronse unhas durísimas folgas obreiras en Ferrol, en que a cidade se paralizou en resposta pola morte de dous manifestantes polas forzas de seguridade, e Vigo. Despois deste conflito produciuse unha diversificación nos grupos sindicais e, desde a Unión do Pobo Galego (UPG), establecéronse as bases do movemento obreiro nacionalista. A UPG promoveu a autoorganización de diferentes sectores e xurdiron as organizacións Estudiantes Revolucionários Galegos (ERGA) en 1973, Unión de Traballadores do Ensino de Galicia (UTEG) e Fronte Cultural Galego en 1974. En 1975 apareceu o Sindicato Obreiro Galego (SOG), en que confluíron grupos locais vinculados á UPG, e constituíuse a Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) como plataforma suprapartidaria do sindicalismo nacionalista. O SOG integrouse na AN-PG, e medrou nos centros industriais, mentres xurdiron outros sindicatos nacionalistas sectoriais, integrados tamén na AN-PG, como Comisións Mariñeiras (CC MM). En marzo de 1977 constituíuse a Intersindical Nacional Galega (ING), unión do SOG cos sindicatos integrados na AN-PG, que participou activamente nos conflitos obreiros de 1977 e acadou a terceira posición nas eleccións sindicais de 1978. O movemento obreiro permaneceu dominado durante os anos seguintes pola UGT e CC OO. O sindicalismo labrego, pola súa parte, tivo a súa orixe nos Comités de Axuda á Loita Labrega (CALL), organizados desde 1970 pola UPG e cregos vinculados a Cristiáns polo Socialismo. Estendéronse polas bisbarras de Barbanza, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Monforte de Lemos, Ribadeo, Verín e os concellos de Arbo, Cuntis, Soutomaior e Vilanova de Arousa. En 1973 constituíronse os primeiros núcleos das Comisións Labregas (CC LL) en Ribadeo. Pero, tras a Lei de Amnistía de 15 de outubro de 1977, que significou a excarceración para os presos políticos e a legalización dos partidos políticos e sindicatos, produciuse a refundación como Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CC LL). Nas eleccións ás Cámaras Agrarias (1978), confirmouse a súa implantación no agro. En 1980 a ING fusionouse coa Central de Traballadores Galegos (CTG) e pasou a denominarse Intersindical Nacional de Traballadores Galegos (INTG) desde 1981. En 1985 xurdiu a Confederación Xeral de Traballadores Galegos-Intersindical Nacional (CXTG-IN), que xunto coa INTG formou en 1994 a Confederación Intersindical Galega (CIG). -
movemento revolucionario /
[BÉL/POLÍT]
Movemento innovador que busca a revolución.
-
s
m
[POLÍT]
-
[ASTRON]
-
movemento aparente
Movemento que un astro calquera describe sobre a esfera celeste.
-
movemento directo
Movemento aparente dun astro realizado no sentido O-L. É o movemento aparente que os planetas realizan normalmente, xa que os planetas superiores presentan movemento retrógrado entre as estacións.
-
movemento directo
Movemento orbital dun corpo arredor do Sol ou dun satélite arredor do correspondente planeta que, visto desde o polo boreal da eclíptica, se produce no sentido O-L, ou no sentido contrario ao das agullas do reloxo.
-
movemento directo
Movemento de rotación dun corpo do Sistema Solar que, visto desde o Polo Norte, relativo ao plano de elíptica, se volve contrario ao avance das agullas do reloxo.
-
movemento espacial
Movemento dun astro no espazo.
-
movemento peculiar
Compoñente do movemento propio dunha estrela debido ao seu movemento espacial e non ao cambio de posición relativa entre a estrela e o Sol.
-
movemento propio
Movemento aparente dunha estrela causado pola variación de posición da súa órbita no espazo e polo cambio de posición relativa entre a estrela e o Sol.
-
movemento radial
Compoñente do movemento dun astro na dirección da visual de observador, acercándose e afastándose da Terra.
-
movemento retrógrado/diúrno
Movemento aparente dun astro realizado en sentido L-O.
-
movemento retrógrado
Movemento orbital de sentido oposto ao movemento directo.
-
movemento retrógrado
Movemento de rotación en sentido oposto ao movemento directo.
-
movemento aparente
-
movemento da terra
[XEOL]
Conxunto de desprazamentos das masas continentais terrestres que, segundo as forzas que os producen, poden ser de dous tipos: epiroxénicos e oroxénicos. Os epiroxénicos son movementos lentos de afundimento e levantamento producidos por un conxunto de forzas verticais. Aprécianse moi ben nas rexións da costa, onde se traducen cun avance lento ou unha retirada lenta do mar, segundo se afunda ou se levante o continente. Os oroxénicos xorden pola acción de fortes movementos horizontais que provocan a deformación e o dobramento dos sedimentos e o seu lento levantamento, ata chegar a formar as serras de dobramento.
-
movemento de terras
[CONSTR]
Conxunto de operacións de extracción e transpote de terra e rochas que se fai na preparación dun terreo para construír unha estrada ou unha vía férrea. As máis importantes son as operacións de escavación, para rebaixar o terreo ao nivel adecuado, e os de aplanamento, para obter un nivel uniforme no terreo.
-
movemento sísmico
[XEOL]
sismo.