Movimiento de Izquierda Revolucionaria
Movimiento de Izquierda Revolucionaria
Nome científico:
[MIR]
Organización política chilena creada en 1963 co propósito de impoñer o socialismo mediante a loita armada. Recoñecida por Salvador Allende, opúxose, non obstante, á súa política legalista. Perseguida pola ditadura militar (1973-1989), legalizouse co restablecemento da democracia (1989) e renunciou á loita armada.