Movimiento Libertario Español
Movimiento Libertario Español
Nome científico:
[MLE]
Conxunto das organizacións da CNT, FAI e da Federación Ibérica de Juventudes Libertarias (FIJL), que se popularizou durante a Guerra Civil Española (1936-1939) cando estas celebraron repetidamente reunións conxuntas. Un primeiro consello do MLE constituíuse entre febreiro e marzo do 1939 en Perpignan e foi desorganizado por mor da ocupación alemá de Francia (1940).