Múnic, Acordo de

Múnic, Acordo de

Pacto subscrito na noite do 29 ao 30 de setembro de 1938 polos xefes de goberno de Alemaña (Hitler), Italia (Mussolini), Francia (Daladier) e Reino Unido (Chamberlain) sen intervención do goberno de Praga, que prevía a cesión de Sudety ao Terceiro Reich despois dun plebiscito. Antes de que este se puidese celebrar, o exército alemán ocupou o territorio o 1 de outubro de 1938.