munición

munición

(< lat munitĭōne‘muro defensivo’)

  1. s [BÉL]

    Conxunto de equipos e provisións necesarias para un exército ou unha praza, entre outros, en tempos de guerra.

  2. s [BÉL]

    Carga de todo tipo de armas de fogo, calquera que sexa a súa finalidade, abater o inimigo, facer sinais, iluminar ou expandir substancias químicas ou radioactivas.

  3. municións de caza

    Grans de chumbo ou perdigóns con que se cargan as escopetas de caza menor, e que poden ser de diferente calibre, numerado do 0 ao 18.