Natalia, santa
Natalia, santa
(s III) Mártir. Casada con santo Adrián, mantivo a súa relixión en segredo ata que o seu home, oficial romano, se converteu ao cristianismo polo que recibiu martirio. Disfrazouse de home para estar a carón del no cárcere. A súa festividade celébrase o 1 de decembro.