Natal

Natal

Antiga provincia de República Sudafricana, actual KwaZulu/Natal, situada no L do estado. Ocupaba unha chaira costeira, sedimentaria, prolongación da de Moçambique, que se alza ata as pendentes das montañas Draken. O territorio descubriuno Vasco da Gama o día de Nadal de 1497, motivo polo que leva o nome. Os ingleses ocuparon a costa (1684), e a pesar dos ataques dos zulús, os bóers colonizaron o interior (1837) e crearon a República Independente de Natal (1840). Non recoñecida por Reino Unido, conseguiu anexionala como colonia da coroa (1844), e os bóers foron substituídos por colonos británicos. Foi colonia autónoma desde 1856, anexou Zululandia (1897) e en 1910 uniuse á Unión Sudafricana. En 1994 uniuse a KwaZulu.

Palabras veciñas

natación | natal | Natal | Natal | Natalia | Natalia, santa | natalicio -cia