nabo

nabo

(

  1. s m
    1. [BOT]

      Raíz do nabo.

    2. [PLANTA]

      Planta herbácea anual ou bienal de ata 150 cm de altura, que ten raíz carnosa tuberosa, follas dentadas, flores amarelas en inflorescencias en acio e froitos en sílicua provista dun pico. Florece entre marzo e abril e as raíces son comestibles e forraxeiras e as sementes son oleíferas. É orixinario de Centroeuropa, pero o seu cultivo está moi estendido. En Galicia ten moita tradición, debido tanto ao consumo humano como pola súa utilización coma forraxe para animais. No consumo humano, segundo a estación aprovéitanse diferentes partes. En primeiro lugar, consómense as primeras follas chamadas nabizas, as follas cortadas con parte do talo denominadas cimóns, e por último, as follas cortadas co talo antes de florecer chamadas grelos. Existen diferentes variedades de nabos coma os nabos mouros, de follas verdes escuras e con raíz vermella; os nabos brancos ou nabo galego, de follas verdes claras e raíz branca verdosa ou os nabos moreses, de raíz moi vermella e redonda.

  2. s m

    Órgano sexual masculino.

    Sinónimos: billote, caralla, carallo, minga, mingalla, pirola, pixa, verga.
  3. nabo da nouza [PLANTA]

    brionia.

Frases feitas

  • Levar un (bo) nabo. Levar unha decepción ou sufrir un fracaso.

  • Tocar o nabo. Amolar ou enfastiar.

Refráns

  • As nabizas piden unto; e os grelos, lacón ao punto.
  • Cando é bo ano, é ano de nabos.
  • Nabos e coles, comer de señores.
  • Nabos e fidalgos, raros.
  • Os nabos e os peixes no tempo da xeada crecen.
  • Pola santa Mariña sementa a nabiña -a vella que así o dicía ben o sabía, porque xa con tres follas a tiña.
  • Pola santa Mariña sementa a nabiña -A vella que o dicía ben o sabía, que xa sementada a tiña.
  • Polo tempo de Tódolos Santos mira os nabos: se fosen bos, di que son malos.
  • Se queres ter bos nabos, en san Xoan tes que sementalos.