billote

billote

(< billa)

  1. s m [ETN]

    Paociño, cuberto de estopa, que vai colocado na metade dun pipote ou na súa tapadeira. Permite extraer pequenas cantidades de viño que serven de proba, especialmente aos compradores.

    Ex: Xa coloquei o billote no viño novo, cando queirades probámolo.

    Sinónimos: espicha, espicho. Confrontacións: billa.
  2. s m [ETN]

    Pequeno anaco de pau redondo ou tarugo que pecha a piqueira, o burato situado na parte inferior do pipote do viño.

    Ex: Separa un pouco o billote para que entre aire no envase.

    Sinónimos: billa.
  3. s m [ETN]

    Peza do muíño fariñeiro que serve para regular o paso da auga que fai mover o rodicio.

    Ex: O muíño non está moendo porque ten o billote pechado.

  4. s m [ETN]

    Especie de tubo por onde cae a auga ao rodicio do muíño.

    Ex: Baixa tan pouca auga polo billote que case non dá movido o rodicio.

  5. s m

    Marco ou travesa de fiestra.

    Ex: Candou esvarou foi bater contra o billote.

  6. s m

    Órgano sexual masculino.

    Sinónimos: pene.
  7. s m [ARTE]

    Rectángulo situado baixo as ménsulas onde se apoian as columnas dos retablos.